Foros Club Delphi

Foros Club Delphi (https://www.clubdelphi.com/foros/index.php)
-   La Taberna (https://www.clubdelphi.com/foros/forumdisplay.php?f=40)
-   -   Os micrófonos xogaron unha mala pasada a Dolores Villarino (https://www.clubdelphi.com/foros/showthread.php?t=62439)

marcoszorrilla 23-12-2008 19:16:48

Os micrófonos xogaron unha mala pasada a Dolores Villarino
 
Cita:

A presidenta do Parlamento galego chama "pandilla de gilipollas" ao grupo do PP
Os micrófonos xogaron unha mala pasada a Dolores Villarino no pleno do 24 de novembro.


XORNAL.COM I Santiago.- O portavoz parlamentario do Grupo Popular, Manuel Ruiz Rivas, esixiu unha "rectificación pública" á presidenta do Parlamento autonómico, Dolores Villarino, por referirse aos deputados do grupo popular como "pandilla de gilipollas" na sesión plenaria dos días 24 e 25 de novembro.

"A mala pasada xogada polos micrófonos do Parlamento, que permanecían abertos cando a presidenta do Parlamento proferiu o insulto, permitiu deixar constancia da actitude amosada pola Presidencia da Cámara ao longo de toda a lexislatura. As expresións dese tipo foron continuas, malia que en poucas ocasións resultaron perceptibles máis aló da tribuna de oradores", denunciaron os populares, que presentaron en rolda de prensa un extracto da grabación audiovisual do pleno.

"No derradeiro Pleno da lexislatura, cando o voceiro de Medio Ambiente do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, reclamaba explicacións á Xunta pola sucesión de irregularidades cometidas polo presidente de Sogama, Dolores Villarino advertiu ao deputado popular, sen que o micrófono o captase, que lle ía dar unhas leches", asegurou Ruiz Rivas.

O portavoz popular esixiu á presidenta do Parlamento que pida públicas desculpas por esa expresión e polo "acoso" ao que someteu aos deputados do PPdeG durante toda a lexislatura, e pídelle tamén que se comprometa a "retirar esas palabras do seu vocabulario polo menos ata que remate o seu actual mandato".

Ruiz Rivas atribúe a actitude de Villarino á "estratexia deseñada polo presidente da Xunta para asoballar ao Parlamento de Galicia e situar á primeira institución da Comunidade ao servizo do PSOE".

Enlace.

Cuidado con los micrófonos...


Un Saludo.


La franja horaria es GMT +2. Ahora son las 11:30:52.

Powered by vBulletin® Version 3.6.8
Copyright ©2000 - 2024, Jelsoft Enterprises Ltd.
Traducción al castellano por el equipo de moderadores del Club Delphi